Pemade impulsa unha nova unidade mixta de investigación en economía circular da madeira e construción baixo enerxética.

17 de septiembre de 2019

A Plataforma de Madeira Estrutural (Pemade) da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (EPSE) da USC impulsa xunto coa empresa Finsa (Financiera de Madera S.A.) e co apoio da Axencia Galega de Innovación (Gain) a unidade mixta de investigación Eixo, unha iniciativa a través da que se que pretende o desenvolvemento dun modelo de economía circular arredor da madeira para achegar valor e mellorar a competitividade do sector forestal en Galicia, segundo indicou a vicerreitora de Coordinación do campus de Lugo, Montserrat Valcárcel Armesto, no acto na presentación celebrado este luns na EPSE e no que salientou que esta nova acción está aliñada coa liña de especialización cara a que avanza o Campus Terra.

Enlace á noticia no xornal da USC.